martes, 24 de enero de 2017

CANTAMOS E SIGNAMOS POLA PAZ!


DÍA DA PAZ
 


ESTA É CANCIÓN QUE O LUNS, DÍA 30 DE 


XANEIRO INTERPRETAREMOS TODOS


XUNTOS NO COLEXIO, COMO UN SÍMBOLO E 


PROPÓSITO PARA FOMENTAR A PAZ!


"QUÉROTE MÁIS"
Teño soños de colores cando non podo durmir,
sigo esperto toda a noite e non deixo de bulir.
Dando voltas no meu leito teño gañas de voar,
sáeme o corazón do peito seica poderá estoupar.
Cando facemos o pino a limpar no ceo os pés
 ou botamos aturuxos
antes de que pase o tren.
Cando che dou a pulseira
feita con mil alecríns,
mírote ós ollos decote
para poderche así dicir:
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.
Teño na boca un sorriso
e nos ollos un candil,
que ninguén pode apagar
cando corres xunto a min.
O meu corpo treme enteiro,
 tremen pernas, tremen mans,
 sáeme o corazón do peito
seica poderá estoupar.
Ao pintar arcos da vella
de colores polo ar,
cando escribes o meu nome
nun espello ou nun cristal.
Ao encendermos unha radio
e este son poder ouvir,
mírote aos ollos decote
para poderche así dicir.
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.(bis)
Maite zaitut, maite maite zaitut
que a tortilla de patacas con xamón
Maite zaitut, maite maite zaitut
cada vez que me latexa o corazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario