viernes, 24 de marzo de 2017

domingo, 26 de febrero de 2017

ONDE ESTÁ WALLY?





 O venres 24 xa estabamos listos para lucir o noso difraz, onde cada nen@ de 2ºA participou na súa elaboración coa axuda da súa profe, pero moi pouquiño.
  Todos eramos Wally e así de fantásticos fomos disfrazados cos nos@s compañeiros de 1º e 2º, representando a 7 concellos da Mariña Lucense: Burela, Lourenzá; Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, San Ciprián e Foz.
  Qué nervios para o desfile!, porque nais e pais íannos vir ver e pasar a mañá con nós! Pero todo saíu formidablemente ben e despois de semellenate esforzo dimos conta dunha chea de doces que as familias achegaron, propias do Entroido: filloas, orellas, rosquillas, galletas,...Mi madriña, vaia enchenta! jajajaja





















jueves, 23 de febrero de 2017

E CHEGOU O ENTROIDO!

 Cheo de festa, lamboadas e disfraces para divertir a pequenos e grandes!
E no noso cole apareceu o Meco para darnos ordes e nós obedecimos como bos alumn@s que somos!

Como para non obedecer! Vaia pinta traía o paisano, amén de lambido, menudo hortera! jajajaja. Non deixamos por iso algúns de inmortalizarnos, sacando unha foto con el, que non se diga que somos maleducad@s! jajajaja
E así de guap@s nos puxemos, facéndolle casó ao Meco!